segunda-feira, 12 de novembro de 2007
domingo, 21 de outubro de 2007
¡¡Outra puta oportunidade perdida!!
segunda-feira, 24 de setembro de 2007
sexta-feira, 21 de setembro de 2007
Óscar Pereiro
¡Pero qué ben che queda a camisola, rediola meu!

Pois onte pola noite dábase case por seguro a victoria do de Mos da pasada edición do Tour de France, xa que un tribunal de arbitraxe independente ditaminou que o ciclista estadounidense Floyd Landis é culpable de dopaxe con testosterona durante a edición do Tour de France do ano 2006. Landis corre o risco de ser suspendido durante dous anos, así como de converterse no primeiro gañador do Tour desposuído do seu título, que recaería no segundo clasificado, Óscar.
¡Noharaboa, campión!
I seguindo cas bicis, hoxe etapón na subida a Abantos, na que por certo, o galego do Karpin Galicia, Ezequiel Mosquera volveu a recuperar a 5ª plaza na xeral. ¡Parabéns!

Pois onte pola noite dábase case por seguro a victoria do de Mos da pasada edición do Tour de France, xa que un tribunal de arbitraxe independente ditaminou que o ciclista estadounidense Floyd Landis é culpable de dopaxe con testosterona durante a edición do Tour de France do ano 2006. Landis corre o risco de ser suspendido durante dous anos, así como de converterse no primeiro gañador do Tour desposuído do seu título, que recaería no segundo clasificado, Óscar.
¡Noharaboa, campión!
I seguindo cas bicis, hoxe etapón na subida a Abantos, na que por certo, o galego do Karpin Galicia, Ezequiel Mosquera volveu a recuperar a 5ª plaza na xeral. ¡Parabéns!
quinta-feira, 20 de setembro de 2007
O vindeiro 13 de novembro cúmprense 5 anos da catrástofe do Prestige
Para que non se nos esqueza nunca máis...
Un saudo poderoso para os de Reinosa. Por certo, a canción está no cd de Calles de papel, La Fuga(2003).
Un saudo poderoso para os de Reinosa. Por certo, a canción está no cd de Calles de papel, La Fuga(2003).
segunda-feira, 17 de setembro de 2007
Logo dunha chea de tempo voltan os mellores: LED ZEPPELIN





Hai que ver as sorpresas que che vai dando a vida cando menos o agardas. Logo de case que 20 anos dende a sua disolución, está prevista unha única actuación ó directo dos grandísimos Led Zeppelin (sen John Bonham, claro está). A cita terá lugar en London o vindeiro 26 de novembro, aínda que estar entre os "agasallados" non vai a ser nada doado; logo pois, haberá que agardar ata o 1 de outubro i a ver si chaman...
O acontecemento está confirmadísimo tanto na páxina oficial do grupo www.led-zeppelin.com como na do acontecemento www.ledzeppelin.com.
Ademáis aiquí está unha fonte da nova en castelán da pasada semán:
El País
¡¡VIVA O ROCK!!
domingo, 16 de setembro de 2007
¡Parabéns, Checho, por fín!
Pois logo de 38 putos anos na mesma "empresa", por fín lle chegou a ansiada i megamerecida xubilación ó Checho. Así que non quero deixar pasala oportunidade de deixar constancia i felicitalo de todo corazón.
¡PARABÉNS, MEU, AGORA A DISFRUTAR QUE XA ÍA SENDO HORA!
P.D. ¡A ver si agora se relaxa dunha puta vez i deixa de romperse a chola (él sabe polo que o digo)!
¡PARABÉNS, MEU, AGORA A DISFRUTAR QUE XA ÍA SENDO HORA!
P.D. ¡A ver si agora se relaxa dunha puta vez i deixa de romperse a chola (él sabe polo que o digo)!
¡Vaia día máis concurrido je je!


¡Pois o día está animado de carallo!
Coches (F1), balonmán (onde acaban de gañarlle a Rusia), baloncesto ista noite i sobre todo: MOTOS, onde en GP, aló por Estoril, o grandísimo Rossi voltou a demostrar o que é capaz de faer. ¡Pero qué bo eres campión!
Por certo, ¡qué pena a retransmisión da BBC2!. ¡Qué alguén mate a ise realizador!
Agora xa só falta que os putos turcos masquen unha derrota na casa contra o Betis i, sobre todo, que o meu celtiña gañe dunha puta vez i comece a dar mostras de mellora, xa que de non ser así iste serán no Ejido, o retorno a 1ª nista campaña, vai a asemellar máis un desexo que unha realidade.
sábado, 1 de setembro de 2007
R.C. CELTA DE VIGO SAD
http://www.celestes.org
Dándolle a iste enlace podemos acceder a unha páxina onde no artigo: "Así es el Celta 2007/08" podemos faernos unha idea de por onde van os tiros ista tempada con respecto á liña do equipo despois de tanto cambio no clube. ¡A ver si surte efecto i podemos volver a faer historia!
¡HALA CELTA!
Dándolle a iste enlace podemos acceder a unha páxina onde no artigo: "Así es el Celta 2007/08" podemos faernos unha idea de por onde van os tiros ista tempada con respecto á liña do equipo despois de tanto cambio no clube. ¡A ver si surte efecto i podemos volver a faer historia!
¡HALA CELTA!
terça-feira, 28 de agosto de 2007
De todo un pouco

Pois o Celta retomou a súa andaina en segunda i a cousa non foi de todo ben. Empate a un i mal sabor de boca. Ademáis andamos liados con unhes cantos frentes abertos que non apuntan nada ben: a posible marcha antes do venres de Ángel, ¿seguirá Oubiña?, ¿qué pasou con Iriney i Placente?,... En fín unha renovación no clube a fondo de carallo. De todos modos, ahí está Hristo apostando forte pola canteira, ¡xa ía sendo hora de fixarse no que había na casa i deixarse de tanto experimento extranxeiro!
Tamén hai que destacar que Gustavo López fichou polo Cádiz, supoño que condicionado pola intermediación de Félix Carnero (ex do corpo técnico celtiña). ¡Sorte para él!
Por outra banda, ó tempo que comeza a liga remata o Festival Internacional de Edinburg. Onte, concretamente, rematou o Fringe, o sábado pasado o Tattoo i a vindeira semana xa non quedará nadica di nada.
segunda-feira, 27 de agosto de 2007
E dalle co Fringe. Agora musiquiña celta na Hunter Square
sexta-feira, 24 de agosto de 2007
domingo, 19 de agosto de 2007
+ Fringe. The Edinburgh Festival 2007
Actuación en plena Royal Mile da parella "English Gentleman" amosándonos o sorprendente número final. Isto é en plena rúa ca maxia de o vivo. Recomendo (xa de paso) o filme Noviembre de Achero Mañas.
terça-feira, 14 de agosto de 2007
domingo, 12 de agosto de 2007
Festival da hostia en Edinburgh
Ista nova saíu publicada o venres en La Voz de Galicia.
Hoxe podemos atopar no suplemento de El País, Babelia, ampla información concerninte ó FIE. Aínda que hai máis. E isto era de onte, tamén en El País.
Hoxe podemos atopar no suplemento de El País, Babelia, ampla información concerninte ó FIE. Aínda que hai máis. E isto era de onte, tamén en El País.
sábado, 11 de agosto de 2007
Maki, por fin, machiño!
Estas son algunhas das fotiños do Maki, aló por terras australianas. A verdade é que nesta primeira escolma a selezón é primordialmente de auga, praias i mar, aínda que as 2 derradeiras son de Melbourne.
¡Salvaxemente espectacular!
Sydney





Costa Cairns (ollo ós "cancodrilos") & Great Barrier Reef


Tasmania
Philip Island

Melbourne

¡Grazas por compartila experiencia, meu!
¡Salvaxemente espectacular!
Sydney



Costa Cairns (ollo ós "cancodrilos") & Great Barrier Reef


Tasmania
Philip Island
Melbourne
¡Grazas por compartila experiencia, meu!
quarta-feira, 1 de agosto de 2007
Ventos de cambio dende o Calton Hill
¿Qué pasa cando os garitos pechan as 3 i non hai ABSOLUTAMENTE ningún outro sitio ó que ir (salvo, claro está as "party house"?. Pois que tes a opción de subirte ó Calton Hill i deixar pasar o tempo mentres vas vendo o amencer. Iste pequeno monte din que é o sitio perfecto para poder contemplar Edinburgh ó porse o sol, aínda que cando está a puntiño de sair tamén resulta poderosamente fermoso.
Por un lado podese olla-la zona do porto, tanto a area de Granton á dereita como de Leith a esquerda i ó fondo a illa de Inchkeith. O mellor, si é posible, é velo ó vivo.
Noutra fotiño vemos de novo o archinomeado i coñecido castelo ó fondo tapado pola torre do Hotel Balmoral, sito na esquina de Princes con North Bridge. O edificio circular da esquerda foi feito en homenaxe a un vello filósofo local.
Supoño que seguirei a por máis fotiños en vindeiras datas dinte monte i demáis cousas que me parezan interesantes, como as 12 columnas do que se pretendeu que fose unha copia do da Acrópolis grega. ¡Moi curioso!.
Así diste xeito xa chegamos a agosto, o meu mes, iste ano vai ser, se cabe, máis raro cos antergos, pero supoño que estarei ben. Por certo mañá comeza o derradeiro festival, dentro do magno i abraiante festival de festivais ó vivo do mundo (Jazz,Film, Book, Fringe, Tatoo. Pois niste mes ponse en marcha toda unha parafernalia de espectáculos nas rúas, teatros, carpas, pubs, centros de reunións, igrexas, etc que é dificil de describir, así que espero poder seguir amosando algunhas fotiños interesantes.
¡Ata loginho!
segunda-feira, 23 de julho de 2007
Estrella Galicia en Edinburgh
segunda-feira, 16 de julho de 2007
quinta-feira, 21 de junho de 2007
Xa chegou o verán

Só quero deixar constancia da chegada do verán.
O certo é que son un chisco maniático para determinadas cousas. ¿Por qué digo isto?, pois porque lle dou importancia ós ciclos da lúa, sobre todo a lua chea, de feito estou convencido que inflúen a hostia no carácter (inestabilidade i demáis prefixos i-); o outro feito a sinalar i o que me causa unha sensación única e o solsticio de verán, precisamente o feito de estar a vivir en Edinburgh (bastante ó norte) faime ser máis receloso á vez que identificado con ista data. É sabido que o dia no que o sol atinxe o maior tempo de esplendor dase o 21 de xuño, fenómeno natural coñecido como "solsticio vernal ou de verán". A partir de entón, o tempo da claridade solar vai diminuindo paseniñamente ate o solsticio "hienal ou invernal" no día de San Silvestre. De seguido, a luz diurna vai "increscendo" ata repeti-lo ciclo. Canto máis ó norte os días son máis longos, chegando a haber (igual que na película da miña idolatrada por i para sempre Najwa Nimri) un momento no que o sol se manten por baixo do horizonte durante 24 horas, é xenial!
Logo disto veñenme a "chola" unhes momentos da hostia na noite de San Xoán, 24 de xuño, en Vilarello xa hai unhes cantos anos (seguro que Puma, Diéguez i Paulo se lembran). Habería que repetila de novo i brindar ca mesma emoción. ¡Qué ilusión!
¡¡Qué noite, meus!!
terça-feira, 19 de junho de 2007
Preparado para a seguinte

Bueno, xa está!, veña, a pensar no puto ascenso XA!
Polo demáis, só deixar constancia de que nunha semaniña por fin vou poder catar de novo unha "1906". Xa teño o padal totalmente a costumado á Tennent´s, Carling, Fosters, Stella Artois (esta non está mal), Becks, Pilsner Urquell, Newcastle (moi barata), a omnipresente Guiness,i un longo etc. Aínda que hai unha polaca, Tyskie, que ten un parecido sorprendente ca Estrella Galicia de toda a vida. A ver si levo unhas poucas!
segunda-feira, 18 de junho de 2007
Xa non lle hai nada que faer
¡Hostia, qué dor!
¡De novo á puta 2ª!
En fin, que haberá que comezar a faerse á nova situación... pero de momento supoño que terei que esperar un chisco máis para asumilo
¡De novo á puta 2ª!
En fin, que haberá que comezar a faerse á nova situación... pero de momento supoño que terei que esperar un chisco máis para asumilo
domingo, 10 de junho de 2007
¡Para porse a chorar!
.jpg)
Chego a casa logo de estar case que todo o día fora.
Prendo o lap top i busco a retrasmisión do Atlético-Celtiña na Crtvg.es.
Non dou crédito, estámonos saindo; vamos vamos, iste partido non se nos pode escapar!
Pero é que nada máis comezar a segunda parte, gooooooooool do Celtiña, ...i case caigo de cu.
Así que toca mamar unha 1906 a 2000 Kms (aínda que nada que ver cas cañas do Alén).
Logo pois, mellores resultados para o Celtiña, imposible.
¡Toca soñar!
Xa só queda esperar ós derradeiros 90 min en Balaídos.
¡Veña, cona, que estamos a un só punto para salvarnos!.
Bueno, bueno, bueno! vou volver a escoitalo porque paga a pena. Graciñas Yago!
sábado, 9 de junho de 2007
FF in concert

Xenial, os Foo Fighters en Edinburgh o 21 de agosto para (supoño) presenta-lo seu derradeiro cd, "In your honor". Pois digo eu que haberá que achegarse a ver que contan, non?
quinta-feira, 7 de junho de 2007
Louco´s land
Ponte de North Bridge, collo o 37 despois de choiar para vir a casa, cando de súpeto ollo que toma un camiño distinto do habitual, ¿por qué?, pois nese momento non tiña nin idea, pero algo raro pasaba, pois esa ponte está no mesmiño centro da city o caso é que case 6 horas máis tarde volve a acontecer a mesma película, aínda que desta si souben a razón. Como xa se sabe que a curiosidade matou ó gato, pois nada mellor que achegarme i velo cos meus propios ollos. Un fulano (¡seguro que cunhas cantas pintas de máis, segurísimo, vamos!)dando "minipaseos" pola parte de afora da ponte tentando de tirarse ó vacío sobre as vías do tren. Pero xa está ben, ¿i por iso levamos todo o puto día sin buses, chegando tarde ós sitios, dando voltas sin sentidiño ningún por outras ruas?,... Definitivamente estes son unhes zumbados de puta madre! Qué lle den unhes bos paus i fuera!, bueno, bueno, qué digo paus, unhas boas hostias; hostia!!! (hostia xa!)
terça-feira, 5 de junho de 2007
Karts
segunda-feira, 28 de maio de 2007
domingo, 27 de maio de 2007
¿Pagará a pena tanto puto sufrimento?
Subscrever:
Comentários (Atom)
Só por provocar






