Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet E díxolle a fame ás gañas de comer: "Bebe deste viño que non fai daño, é da casa": De todo un pouco

terça-feira, 28 de agosto de 2007

De todo un pouco


Pois o Celta retomou a súa andaina en segunda i a cousa non foi de todo ben. Empate a un i mal sabor de boca. Ademáis andamos liados con unhes cantos frentes abertos que non apuntan nada ben: a posible marcha antes do venres de Ángel, ¿seguirá Oubiña?, ¿qué pasou con Iriney i Placente?,... En fín unha renovación no clube a fondo de carallo. De todos modos, ahí está Hristo apostando forte pola canteira, ¡xa ía sendo hora de fixarse no que había na casa i deixarse de tanto experimento extranxeiro!

Tamén hai que destacar que Gustavo López fichou polo Cádiz, supoño que condicionado pola intermediación de Félix Carnero (ex do corpo técnico celtiña). ¡Sorte para él!


Por outra banda, ó tempo que comeza a liga remata o Festival Internacional de Edinburg. Onte, concretamente, rematou o Fringe, o sábado pasado o Tattoo i a vindeira semana xa non quedará nadica di nada.

Sem comentários:

Só por provocar

Só por provocar