quinta-feira, 7 de junho de 2007
Louco´s land
Ponte de North Bridge, collo o 37 despois de choiar para vir a casa, cando de súpeto ollo que toma un camiño distinto do habitual, ¿por qué?, pois nese momento non tiña nin idea, pero algo raro pasaba, pois esa ponte está no mesmiño centro da city o caso é que case 6 horas máis tarde volve a acontecer a mesma película, aínda que desta si souben a razón. Como xa se sabe que a curiosidade matou ó gato, pois nada mellor que achegarme i velo cos meus propios ollos. Un fulano (¡seguro que cunhas cantas pintas de máis, segurísimo, vamos!)dando "minipaseos" pola parte de afora da ponte tentando de tirarse ó vacío sobre as vías do tren. Pero xa está ben, ¿i por iso levamos todo o puto día sin buses, chegando tarde ós sitios, dando voltas sin sentidiño ningún por outras ruas?,... Definitivamente estes son unhes zumbados de puta madre! Qué lle den unhes bos paus i fuera!, bueno, bueno, qué digo paus, unhas boas hostias; hostia!!! (hostia xa!)
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Só por provocar
Sem comentários:
Enviar um comentário