Pois logo de 38 putos anos na mesma "empresa", por fín lle chegou a ansiada i megamerecida xubilación ó Checho. Así que non quero deixar pasala oportunidade de deixar constancia i felicitalo de todo corazón.
¡PARABÉNS, MEU, AGORA A DISFRUTAR QUE XA ÍA SENDO HORA!
P.D. ¡A ver si agora se relaxa dunha puta vez i deixa de romperse a chola (él sabe polo que o digo)!
domingo, 16 de setembro de 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Só por provocar
1 comentário:
sintome na obriga de plasmar unhas verbas de felicitación a ese mestre da retórica q é o checho!
el agradecerá a xubilación, pero os q o rodeamos... mi madriña!! un no parar de felicidade para as nosas orellas q nunca máis terán q escoitar(e cito textualmente): "hai q roelas, eu tamen me levantei hoxe as 5 da mañá e a noite outra vez de servicio e po outro e po outro. Nin festivos nin nada, e por q? por non quere estudiar, por eso q... tu estudia e non andes pintando o parvo, q mentres queiras estudiar tes aqui o teu pai q paga asi teña q comer ovos todos os dias..."
e veña e dalle e dalle volta, q cambiou a situación sip, agora omitiu a parte de "téñome q levantar ás 5" pola de "hai q apretar o cinto q agora entran menos cuartos en casa, q o teu pai xubilou" en fin... resignación.
¿quen somos nós para coartar os axiomas deste orador nato, capaz de monologar durante horas e horas sobre o mesmo tema e, o q é máis, enlazar temas totalmente opostos conseguindo dar a charla así de refilón!! atonita me deixan estas capacidades q máis q humanas son xa divinas!! sócrates á súa par un mero aficcionado!!
Enviar um comentário