




Hai que ver as sorpresas que che vai dando a vida cando menos o agardas. Logo de case que 20 anos dende a sua disolución, está prevista unha única actuación ó directo dos grandísimos Led Zeppelin (sen John Bonham, claro está). A cita terá lugar en London o vindeiro 26 de novembro, aínda que estar entre os "agasallados" non vai a ser nada doado; logo pois, haberá que agardar ata o 1 de outubro i a ver si chaman...
O acontecemento está confirmadísimo tanto na páxina oficial do grupo www.led-zeppelin.com como na do acontecemento www.ledzeppelin.com.
Ademáis aiquí está unha fonte da nova en castelán da pasada semán:
El País
¡¡VIVA O ROCK!!
Sem comentários:
Enviar um comentário