


¿Qué pasa cando os garitos pechan as 3 i non hai ABSOLUTAMENTE ningún outro sitio ó que ir (salvo, claro está as "party house"?. Pois que tes a opción de subirte ó Calton Hill i deixar pasar o tempo mentres vas vendo o amencer. Iste pequeno monte din que é o sitio perfecto para poder contemplar Edinburgh ó porse o sol, aínda que cando está a puntiño de sair tamén resulta poderosamente fermoso.
Por un lado podese olla-la zona do porto, tanto a area de Granton á dereita como de Leith a esquerda i ó fondo a illa de Inchkeith. O mellor, si é posible, é velo ó vivo.
Noutra fotiño vemos de novo o archinomeado i coñecido castelo ó fondo tapado pola torre do Hotel Balmoral, sito na esquina de Princes con North Bridge. O edificio circular da esquerda foi feito en homenaxe a un vello filósofo local.
Supoño que seguirei a por máis fotiños en vindeiras datas dinte monte i demáis cousas que me parezan interesantes, como as 12 columnas do que se pretendeu que fose unha copia do da Acrópolis grega. ¡Moi curioso!.
Así diste xeito xa chegamos a agosto, o meu mes, iste ano vai ser, se cabe, máis raro cos antergos, pero supoño que estarei ben. Por certo mañá comeza o derradeiro festival, dentro do magno i abraiante festival de festivais ó vivo do mundo (Jazz,Film, Book, Fringe, Tatoo. Pois niste mes ponse en marcha toda unha parafernalia de espectáculos nas rúas, teatros, carpas, pubs, centros de reunións, igrexas, etc que é dificil de describir, así que espero poder seguir amosando algunhas fotiños interesantes.
¡Ata loginho!