Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet E díxolle a fame ás gañas de comer: "Bebe deste viño que non fai daño, é da casa": setembro 2007

segunda-feira, 24 de setembro de 2007

¡1ª en Balaidos, por fín!


¡Okkas, a ver si che segue a racha i nos levas ben arriba!

sexta-feira, 21 de setembro de 2007

Óscar Pereiro

¡Pero qué ben che queda a camisola, rediola meu!


Pois onte pola noite dábase case por seguro a victoria do de Mos da pasada edición do Tour de France, xa que un tribunal de arbitraxe independente ditaminou que o ciclista estadounidense Floyd Landis é culpable de dopaxe con testosterona durante a edición do Tour de France do ano 2006. Landis corre o risco de ser suspendido durante dous anos, así como de converterse no primeiro gañador do Tour desposuído do seu título, que recaería no segundo clasificado, Óscar.
¡Noharaboa, campión!

I seguindo cas bicis, hoxe etapón na subida a Abantos, na que por certo, o galego do Karpin Galicia, Ezequiel Mosquera volveu a recuperar a 5ª plaza na xeral. ¡Parabéns!

quinta-feira, 20 de setembro de 2007

O vindeiro 13 de novembro cúmprense 5 anos da catrástofe do Prestige

Para que non se nos esqueza nunca máis...

Un saudo poderoso para os de Reinosa. Por certo, a canción está no cd de Calles de papel, La Fuga(2003).

segunda-feira, 17 de setembro de 2007

Logo dunha chea de tempo voltan os mellores: LED ZEPPELIN






Hai que ver as sorpresas que che vai dando a vida cando menos o agardas. Logo de case que 20 anos dende a sua disolución, está prevista unha única actuación ó directo dos grandísimos Led Zeppelin (sen John Bonham, claro está). A cita terá lugar en London o vindeiro 26 de novembro, aínda que estar entre os "agasallados" non vai a ser nada doado; logo pois, haberá que agardar ata o 1 de outubro i a ver si chaman...
O acontecemento está confirmadísimo tanto na páxina oficial do grupo www.led-zeppelin.com como na do acontecemento www.ledzeppelin.com.
Ademáis aiquí está unha fonte da nova en castelán da pasada semán:
El País

¡¡VIVA O ROCK!!

domingo, 16 de setembro de 2007

¡Parabéns, Checho, por fín!

Pois logo de 38 putos anos na mesma "empresa", por fín lle chegou a ansiada i megamerecida xubilación ó Checho. Así que non quero deixar pasala oportunidade de deixar constancia i felicitalo de todo corazón.
¡PARABÉNS, MEU, AGORA A DISFRUTAR QUE XA ÍA SENDO HORA!

P.D. ¡A ver si agora se relaxa dunha puta vez i deixa de romperse a chola (él sabe polo que o digo)!

¡Vaia día máis concurrido je je!




¡Pois o día está animado de carallo!
Coches (F1), balonmán (onde acaban de gañarlle a Rusia), baloncesto ista noite i sobre todo: MOTOS, onde en GP, aló por Estoril, o grandísimo Rossi voltou a demostrar o que é capaz de faer. ¡Pero qué bo eres campión!

Por certo, ¡qué pena a retransmisión da BBC2!. ¡Qué alguén mate a ise realizador!

Agora xa só falta que os putos turcos masquen unha derrota na casa contra o Betis i, sobre todo, que o meu celtiña gañe dunha puta vez i comece a dar mostras de mellora, xa que de non ser así iste serán no Ejido, o retorno a 1ª nista campaña, vai a asemellar máis un desexo que unha realidade.

sábado, 1 de setembro de 2007

R.C. CELTA DE VIGO SAD

http://www.celestes.org
Dándolle a iste enlace podemos acceder a unha páxina onde no artigo: "Así es el Celta 2007/08" podemos faernos unha idea de por onde van os tiros ista tempada con respecto á liña do equipo despois de tanto cambio no clube. ¡A ver si surte efecto i podemos volver a faer historia!

¡HALA CELTA!

Só por provocar

Só por provocar