Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet E díxolle a fame ás gañas de comer: "Bebe deste viño que non fai daño, é da casa": A vida.... para vivila!. E non lle des máis voltas!

segunda-feira, 14 de maio de 2007

A vida.... para vivila!. E non lle des máis voltas!

Hai veces nas que non sabes por qué estás jodido e sabes que non vas a dar unha ó dereito en canto saias da cama. Pois creo que ise é o meu caso, alomenos cando hoxe a 5.35 a miña "queridísima" flatmate lle deu por levantarse e tomarlle algo, co seu correspondiente recital de ruidos variados. Claro que para despertarme a min, ben pouco fai falla!

Pois logo ben, o día xa pintaba mal, cun sono da hostia tentaba (sin resultado positivo) volver a collelo conto aló por onde o deixara. O caso é que non sei por qué estaba a soñar ca miña aboa Ramona (se alguen sabe distas cousas que me diga o seu significado, porque nunca antes me pasara); cando me din conta que era imposible volver a durmir. Me cago no Mao Tse-tung, na Cidade Prohibida de Pekín i en todolos chinos revolucionarios do mundo, pensei.

Así foron pasando as horas ata que me tiven que erguer as 9. hostia, qué dor!

Pero, queridos amigos, chegado a casa de novo, xa pola tarde, a piques de esquecer o terrible inicio de día, agora resultaba que non me podía conectar a internet. Qué terrible situación!, qué facer?... Comencei a darlle a chola (porque yo no zoy idiota) e.... xa está, pillei unha rede (insegura que te cajas) do veciño de sabe deus onde. Si é que tantos anos estudiando e tantos cartiños empregados (¿maltirados quizais?) polo Checho, para algo valeron (Checho = meu pai, aínda que si vas ó google i o buscas, apareceche algo así:CHeCHo*
Una pagina de musica y vallenatos en mp3 y foticos de fufurufas.....
*será gracioso para os que o coñezan .

Bueno, que me lío. O caso é que despois de todo, queridos gaiteiros, como di Xurxo Souto, a vida dache sorpresas de vez en cando, como hoxe, o día que comezou un chisco revirado i está rematando con certa esencia positiva, aínda que a moita xent¡ña parece que esta palabra lle produce certo conflicto. Non sexades así, deixaivos levar que a vida é para disfrutala, sacarlle todo o rédito que poidamos. Vivila, hostia! E non lle des máis voltas!

Pois despois deste ataque fratricida de positividade vou cear un melonciño que acabo de comprar que te cagas, ademáis é spanish, fíjate tú, de Almería.

Bon proveito!

Sem comentários:

Só por provocar

Só por provocar