Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet E díxolle a fame ás gañas de comer: "Bebe deste viño que non fai daño, é da casa": Hai que gañar como sexa

domingo, 13 de maio de 2007

Hai que gañar como sexa

Levante 1 - Celta 1 , iste foi o resultado no partido de ida, así que hoxe ou gañamos ou gañamos.

Despois de 3 xornadas seguidas sen gañar (ca falta que fai) xa vai sendo hora de volver a facelo.


O caso é que se non fose porque xa son moitos anos, case que toda a vida, detrás deste celtiña que tantos bos momentos (e malos) me leva dado, hoxe estaría cagándome en todo por esta puta situación na que estamos e da que parece imposible escapar. E claro que na grada de marcador estaría a dalo todo con tal de que ó fin puidésemos canta-la Rianxeira de marras ca satisfación de ver a permanencia máis factible.

A realidade despértame a miles de Kms de Balaidos, así que só me queda, como sempre, apoiar co corazón, ca alma, con todo a este celtiña da hostia capaz de todo. Así que hai que gañar como sexa, hai que quedarse en 1ª, non podemos estragalo de novo!

Vamos, hostia, vamos, Celta, Celta, Celta!

Sem comentários:

Só por provocar

Só por provocar