Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet E díxolle a fame ás gañas de comer: "Bebe deste viño que non fai daño, é da casa": agosto 2007

terça-feira, 28 de agosto de 2007

De todo un pouco


Pois o Celta retomou a súa andaina en segunda i a cousa non foi de todo ben. Empate a un i mal sabor de boca. Ademáis andamos liados con unhes cantos frentes abertos que non apuntan nada ben: a posible marcha antes do venres de Ángel, ¿seguirá Oubiña?, ¿qué pasou con Iriney i Placente?,... En fín unha renovación no clube a fondo de carallo. De todos modos, ahí está Hristo apostando forte pola canteira, ¡xa ía sendo hora de fixarse no que había na casa i deixarse de tanto experimento extranxeiro!

Tamén hai que destacar que Gustavo López fichou polo Cádiz, supoño que condicionado pola intermediación de Félix Carnero (ex do corpo técnico celtiña). ¡Sorte para él!


Por outra banda, ó tempo que comeza a liga remata o Festival Internacional de Edinburg. Onte, concretamente, rematou o Fringe, o sábado pasado o Tattoo i a vindeira semana xa non quedará nadica di nada.

segunda-feira, 27 de agosto de 2007

E dalle co Fringe. Agora musiquiña celta na Hunter Square



Outro video do Fringe. Niste caso son os Clanadonia, onde, a pesares da calidade paupérrima do documento, pódese ver o "circo" da hostia que montan. O certo é que ó vivo non podes deixar de moverte. Son a competencia directa dos Sour Patrol, dos que tamén hai algunha fotiño. ¡Istes son mellores!

sexta-feira, 24 de agosto de 2007

domingo, 19 de agosto de 2007

+ Fringe. The Edinburgh Festival 2007


Actuación en plena Royal Mile da parella "English Gentleman" amosándonos o sorprendente número final. Isto é en plena rúa ca maxia de o vivo. Recomendo (xa de paso) o filme Noviembre de Achero Mañas.

terça-feira, 14 de agosto de 2007

Fringe






















domingo, 12 de agosto de 2007

Festival da hostia en Edinburgh

Ista nova saíu publicada o venres en La Voz de Galicia.
Hoxe podemos atopar no suplemento de El País, Babelia, ampla información concerninte ó FIE. Aínda que hai máis. E isto era de onte, tamén en El País.

sábado, 11 de agosto de 2007

Maki, por fin, machiño!

Estas son algunhas das fotiños do Maki, aló por terras australianas. A verdade é que nesta primeira escolma a selezón é primordialmente de auga, praias i mar, aínda que as 2 derradeiras son de Melbourne.
¡Salvaxemente espectacular!

Sydney














Costa Cairns (ollo ós "cancodrilos") & Great Barrier Reef


Tasmania









Philip Island









Melbourne







¡Grazas por compartila experiencia, meu!

quarta-feira, 1 de agosto de 2007

Ventos de cambio dende o Calton Hill





¿Qué pasa cando os garitos pechan as 3 i non hai ABSOLUTAMENTE ningún outro sitio ó que ir (salvo, claro está as "party house"?. Pois que tes a opción de subirte ó Calton Hill i deixar pasar o tempo mentres vas vendo o amencer. Iste pequeno monte din que é o sitio perfecto para poder contemplar Edinburgh ó porse o sol, aínda que cando está a puntiño de sair tamén resulta poderosamente fermoso.

Por un lado podese olla-la zona do porto, tanto a area de Granton á dereita como de Leith a esquerda i ó fondo a illa de Inchkeith. O mellor, si é posible, é velo ó vivo.

Noutra fotiño vemos de novo o archinomeado i coñecido castelo ó fondo tapado pola torre do Hotel Balmoral, sito na esquina de Princes con North Bridge. O edificio circular da esquerda foi feito en homenaxe a un vello filósofo local.

Supoño que seguirei a por máis fotiños en vindeiras datas dinte monte i demáis cousas que me parezan interesantes, como as 12 columnas do que se pretendeu que fose unha copia do da Acrópolis grega. ¡Moi curioso!.

Así diste xeito xa chegamos a agosto, o meu mes, iste ano vai ser, se cabe, máis raro cos antergos, pero supoño que estarei ben. Por certo mañá comeza o derradeiro festival, dentro do magno i abraiante festival de festivais ó vivo do mundo (Jazz,Film, Book, Fringe, Tatoo. Pois niste mes ponse en marcha toda unha parafernalia de espectáculos nas rúas, teatros, carpas, pubs, centros de reunións, igrexas, etc que é dificil de describir, así que espero poder seguir amosando algunhas fotiños interesantes.
¡Ata loginho!

Só por provocar

Só por provocar