
Só quero deixar constancia da chegada do verán.
O certo é que son un chisco maniático para determinadas cousas. ¿Por qué digo isto?, pois porque lle dou importancia ós ciclos da lúa, sobre todo a lua chea, de feito estou convencido que inflúen a hostia no carácter (inestabilidade i demáis prefixos i-); o outro feito a sinalar i o que me causa unha sensación única e o solsticio de verán, precisamente o feito de estar a vivir en Edinburgh (bastante ó norte) faime ser máis receloso á vez que identificado con ista data. É sabido que o dia no que o sol atinxe o maior tempo de esplendor dase o 21 de xuño, fenómeno natural coñecido como "solsticio vernal ou de verán". A partir de entón, o tempo da claridade solar vai diminuindo paseniñamente ate o solsticio "hienal ou invernal" no día de San Silvestre. De seguido, a luz diurna vai "increscendo" ata repeti-lo ciclo. Canto máis ó norte os días son máis longos, chegando a haber (igual que na película da miña idolatrada por i para sempre Najwa Nimri) un momento no que o sol se manten por baixo do horizonte durante 24 horas, é xenial!
Logo disto veñenme a "chola" unhes momentos da hostia na noite de San Xoán, 24 de xuño, en Vilarello xa hai unhes cantos anos (seguro que Puma, Diéguez i Paulo se lembran). Habería que repetila de novo i brindar ca mesma emoción. ¡Qué ilusión!
¡¡Qué noite, meus!!

.jpg)

